Chega o Festival Folclórico das Festas de San Telmo

A música e o folclore protagonizan este domingo, día 21, o segundo día das Festas de San Telmo no municipio pontevedrés de Tui, coa celebración do Festival Folclórico no que participarán oito grupos tudenses.

Festival Folclórico das Festas de San Telmo / Concello de Tui.

A música e o folclore protagonizan este domingo, día 21, o segundo día das Festas de San Telmo no municipio pontevedrés de Tui, coa celebración do Festival Folclórico no que participarán oito grupos tudenses.

Aínda que o programa se abrirá a partir das 12,00 horas cunha ruada polo centro urbano, a cita grande será ás 18,00 horas no Teatro Municipal, co Festival Folclórico.

Neste, participarán oito grupos tudenses: ‘Seixos Albos’, de Areas, ‘Lembranzas da Terra’, de Guillarei, ‘Inquedanzas’, de Pazos de Reis, ‘O Mosteiro’, de Pexegueiro, ‘Xunta’, de Randufe, ‘San Fins’, de Rebordáns, ‘Santa Columba’, de Ribadelouro e o grupo da Asociación do Traxe Tradicional de Tui.

Mentres, no Paseo da Corredoira, a Banda de Música Popular de Tui ofrecerá un concerto a partir das 20,00 horas. En caso de choiva, este evento musical cancelarase.