InicioCulturaA música de Sés chega a Vigo esta fin de semana

A música de Sés chega a Vigo esta fin de semana

Presenta o seu novo disco, 'Rabia ao silencio', nun concerto que se celebra no Auditorio de Afundación.

PUBLICADO O

Sés presentará este sábado nun concerto que se celebrará no Auditorio Afundación de Vigo o seu novo disco ‘Rabia ao silencio’, que inclúe temas adaptados ao galego que, no seu momento, reflectiron os movementos sociais do século XX. Para esta cita, as entradas pódense adquirir na páxina web de Ataquilla.

O espectáculo deste sábado da artista coruñesa María Xosé Silvar, máis coñecida como Sés, enmárcase nunha xira por Galicia, na que a acompañan a vocalista e flautista Sabela Galván e o guitarrista Perico Calviño. O trío xa percorreu as localidades da Coruña, Pontevedra e Rianxo e esgotou as entradas para o concerto que terá lugar o próximo 13 de abril no Teatro Principal de Santiago.

Posteriormente, Sés presentará o seu novo disco que, segundo detalla a artista nun comunicado, está concibido como unha homenaxe ás persoas que “legaron grandes valores”; no Auditorio Hernán Naval de Ribadeo o 4 de maio. Ademais, o 11 de maio interpretará os temas de ‘Rabia ao silencio’ no Auditorio Municipal de Ourense e, o día 19 do mesmo mes, no Teatro Jofre de Ferrol.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...