InicioAs casas do recinto amurallado de Salvaterra, exemplo da destrución do patrimonio

As casas do recinto amurallado de Salvaterra, exemplo da destrución do patrimonio

A Asociación Lazoiro lamenta o derrubamento de casas antigas e a perda que supón para as murallas.

PUBLICADO O

O derrubamento das casas antigas situadas no recinto amurallado de Salvaterra do Miño supoñen a desaparición dun elemento do patrimonio cultura. Dende a Asociación Lazoiro lamentan a destrución destas construcións, o que sinalan que comezou como un abandono sistemático e falta de coidados, e que rematou coa eliminación por parte do Goberno Municipal.

A Asociación Lazadoiro destaca que non só “supón unha perda de valor para as murallas, senón que deixa unha explanada baleira e carente de toda referencia ou lembraza”, polo que piden concienciación social para evitar futuras agresións ao patrimonio.

“Falar de patrimonio non só é falar de ruínas de pedra carentes de significado, senón dos piares que forman a base da nosa historia e do que somos hoxe”, comentan dende a organización, así como piden rehabilitación antes de destrución, para evitar un caso semellante ao das casas antigas de Salvaterra.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...