Extinguido o gran lume de Salvaterra tras calcinar máis de 350h

282 hectáreas queimadas eran de arboredo.

Un membro do BRIF no incendio de Mondariz / BRIF

O incendio forestal declarado o pasado sábado no municipio pontevedrés de Salvaterra de Miño quedou extinguido na noite deste luns tras queimar unhas 352 hectáreas.

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, este lume quedou extinguido ás 22,22 horas deste luns tras iniciarse ás 21,51 horas do sábado na parroquia de Uma.

Este lume, que tamén afectou ás localidades veciñas de Mondariz e Covelo, afectou a 352 hectáreas, delas 282 arboredos e 70 rasas, concretou Medio Rural.

Para o seu control mobilizáronse dous técnicos, 16 axentes, 60 brigadas, 37 motobombas, dúas pas e dous helicópteros.

Neste incendio foi necesario decretar a Situación 2 por proximidade do lume ao núcleo de poboación de Maceiras, en Salvaterra de Miño, e posteriormente aos de Mouriscados, Fontalbán e Crespos en Mondariz. Esta medida preventiva quedou suspendida na mañá do domingo.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here