InicioDetido un mozo Salvaterra do Miño tras roubar a unha muller de...

Detido un mozo Salvaterra do Miño tras roubar a unha muller de 71 anos

Os feitos sucederon no interior da vivenda da agredida, á que lle arrincaron as xoias que levaba postas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a un mozo de Salvaterra de Miño como suposto autor dun delito de roubo con violencia e intimidación no domicilio dunha veciña da localidade de 71 anos, á que subtraeu as xoias que levaba postas tras arrincarllas.

Segundo relatou o Instituto Armado, os feitos sucederon no interior da vivenda da agredida cando foi sorprendida por un home que a suxeitou por detrás e agarrouna do pescozo co fin de intimidala, arrincoulle as xoias que levaba postas, e na súa fuxida subtraeulle tamén dous reloxos que tiña nun moble da vivenda.

A vítima non sufriu lesións de gravidade, indicaron as mesmas fontes. O equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Tui iniciou unha investigación e practicou xestións, entre elas nas tendas de venda de xoias das localidades próximas, onde comprobaron que parte das xoias foran vendidas nun deses establecementos na localidade portuguesa de Mónçao.

Unha vez identificada a persoa que realizou a venda, púidose determinar que as características físicas se correspondían coas do autor, natural e veciño de Salvaterra de Miño, o cal posúe antecedentes por feitos similares.

Este individuo foi detido como presunto autor dun delito de roubo con violencia e entregado no Xulgado de Instrución número 2 de Ponteareas, xunto coas dilixencias instruídas.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...