InicioSociedadeSalvaterra do Miño premia a excelencia dos seus estudantes

Salvaterra do Miño premia a excelencia dos seus estudantes

PUBLICADO O

Os ‘Premios de Educación do Concello de Salvaterra de Miño’ naceron “co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre os xóvenes“, segundo salienta a súa Concelleira de Educación.

É un proxecto froito da interacción e colaboración entre os Centros Educativos do Municipio e o Concello, “na busca de incentivar, animar e premiar o esforzo dos estudantes, hábitos que marcarán o seu futuro e que os poñerán en valor como persoas e profesionais”.

Estes galardóns premian a excelencia do alumnado do Instituto de Educación Secundaria e dos tres centros de educación primaria de Salvaterra de Miño, CEIP Infante Felipe, CEIP de Leirado e CEP Carlos Casares; segundo as bases do propios premios que foron entregados esta mañá no Salón de Plenos do Concello de Salvaterra.

os premiados

Os premiados cos lotes informáticos compostos por unha ‘Tablet Samsung Galaxy’, funda, Powebank e tarxeta de memoria de 32 GB, foron os seguintes:

– Polo CEP Carlos Casares de Alxén: Eva Fernández Acuña e Ana Bernárdez Colaci

– Polo CEIP de Leirado: Miguel Ángel Arnadáns Rodríguez e Ainoa Cambra Costas

-Polo CEIP Infante Felipe de Borbón: Ariadna Pereira Campos, Iris Abril Teijeira, Daniel Pereira Cambra, Nerea Pereira Araujo e Idaira López González

– Polo IES de Salvaterra de Miño:

ESO: Laura María Cadilla Alves, Alba Presa Lorenzo e Alex Rodrigues Rodríguez, cunha mención especial a Alba Porto Castro

CICLO MEDIO DE SOLDADURA E CALDEIRERÍA: David Vázquez Groba

FP BÁSICA DE CARPINTARIA E MOBLE: Roberto Domínguez Puentes

viaxe ao reino unido

Ademais, os tres mellores expedientes de 2º de Bacharelato acadaron as bolsas de estudo que consistirán nunha viaxe a Reino Unido – Worthing (costa sur de Inglaterra) co obxecto de perfeccionar a lingua inglesa.

A bolsa inclúe os seguintes servizos: viaxe de ida e volta, aloxamento en familia en pensión completa, curso de inglés xeral de 3 semanas con profesorado nativo, material escolar, certificados, actividades, programa social, excursións, tarxeta de transporte e seguros.

Os gañadores foron Uxía Lage Vidal, Leonardo David Rodríguez Alvarado e Candela González Calvar. Neste apartado tamén houbo unha mención especial para Sara Domínguez Rodríguez.

Dende o Concello de Salvaterra engadiron que “somos un dos primeiros e dos poucos concellos que a día de hoxe premian a excelencia académica pondo en valor o esforzo escolar. A posta en marcha desta iniciativa é “premiar” os mellores estudantes e evitar o fracaso escolar incentivando o esforzo e premiando o traballo e a constancia, ademais da propia actitude do alumnado”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...