Unha fuga de bombonas de gas causa un incendio na fachada dunha casa en Salvaterra

Non houbo que lamentar danos persoais, pero si de carácter material, xa que a estrutura da casa viuse afectada, así como algúns obxectos que estaban no exterior.

Camión de bombeiros / galiciaartabra.com

Unha fuga en tres bombonas de gas causou un incendio na fachada dunha vivenda na parroquia de San Pelayo de Alxén (Salvaterra de Miño). Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.

O 112 Galicia explicou que os equipos de emerxencias foron mobilizados na noite do pasado sábado, tras o aviso da Garda Civil, que foi quen apuntou á orixe do incendio. Deseguido, o 112 Galicia alertou os Bombeiros do Baixo Miño e de Ponteareas para facer fronte ao lume, que agora xa está extinguido e que non causou danos persoais no interior da casa.

Segundo explicaron os efectivos do servizo de extinción do Baixo Miño, o incendio calcinou parte da estrutura da vivenda e algúns obxectos que se atopaban no exterior. En concreto, refírense a madeira apilada, palés e un motor de piscina. Igualmente, as persianas, canalóns e cristais da vivenda tamén se viron danados polo incendio.

Pola súa banda, os axentes encargados da extinción baleiraron as bombonas nunha zona segura, segundo confirmou o 112 Galicia, ademais de realizar labores de arrefriado para reducir os riscos dunha nova combustión.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here