Salvaterra desperta conciencias no Día contra o Cancro de Mama, que afecta a 1 de cada 8 mulleres

Concello de Salvaterra do Miño

Baixo o lema “A prevención Salva Vidas” o Concello de Salvaterra de Miño, neste Día mundial contra o Cancro de Mama, quere concienciar a súa poboación da gran importancia que ten a prevención neste tipo de enfermidades.

O cancro de mama, lembran desde Salvaterra, é o tumor máis frecuente nas mulleres occidentais, e segundo os datos da AECC en España diagnostícanse arredor de 25.000 novos cancros de mama ao ano, podendo dicir que 1 de cada 8 mulleres terán cancro de mama ao longo da súa vida.

Cancro de mama é unha enfermidade grave, pero tamén fan fincapé en que se pode curar se se detecta a tempo, “polo cal cremos que é moi importante concienciar a poboación da gran importancia da prevención, xa que a supervivencia a este cancro mellorou notablemente nos últimos anos. A autoexploración, as mamografías periódicas e os avances dos tratamentos permiten taxas de curación do 90%.

Polo que é moi importante a concienciación na prevención, xa que a detección precoz é a mellor arma contra o cancro de mama, co cal recorda: “Acude ao teu xinecólogo para revisións periódicas, se tes antecedentes familiares de cancro de mama consulta ao especialista, fai mamografías periódicamente a partires dos 50 anos, realiza exercicio físico regular, leva unha dieta equilibrada, evita hábitos nocivos como o tabaco e o alcohol e fai autoexploracións”.

E se é importante a prevención tamén é importante o despois. Polo tanto, o Concello de Salvaterra de Miño recorda tamén a importancia de superar e volverse a ver nun espello, e nesa liña tamén traballa.

O de Salvaterra foi un dos primeiros Concellos en asinar un convenio coa Asociación de Micropigmentación estética, paramédica e oncolóxica e crear a campaña “Unha pincelada que dá vida”, que se creou cunha doble finalidade, por un lado dar a coñecer e difundir un tratamento, descoñecido por moitos, e por outro a financiación de tratamentos de micropigmentación oncolóxica en pacientes de escasos recursos no municipio.

Estas intervencións están destinadas a pacientes que sufriron cancro de mama, no paso da reconstrucción da areola ou a cor da mesma, coa recreación de areolas idénticas.

 Ademais, este ano o Concello de Salvaterra uniuse a unha campaña organizada pola Asociación Cancro de Mama Pilar Domingo baixo lema Salvaterra Ponte Rosa, que busca visibilizar esta enfermidade e sobre todo destacar a gran importancia dunha detección precoz da mesma, neste caso tanto a través dos centros escolares.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here