InicioMedio Ambiente e PatrimonioAlfombristas de Ponteareas e Bueu viaxan ata Bruxelas para participar no "Brussels...

Alfombristas de Ponteareas e Bueu viaxan ata Bruxelas para participar no “Brussels Flower Carpet”

PUBLICADO O

Unha delegación de seis alfombristas de Bueu e outra de Ponteareas participarán na “Brussels Flower Carpet”, que se celebrará na capital belga do 16 ao 19 de agosto. A concelleira de turismo do Concello de Bueu destacou ao respecto “a importancia do traballo levado a cabo desde a Asociación das Alfombras de Bueu, que non só mantén a tradición das alfombras, senón que vai acadando retos cada vez maiores”.

Este evento organízase desde fai vinte anos e reúne a decenas de artistas das alfombras
de España (Bueu, Carrión, Castropol, Ponteareas), Italia (Noto, Gerano, Camaiore,
Bolsena), Alemaña, Malta (Gozo), Xapón ou México (Uriangato), os cales realizarán
unha alfombra floral diante da Bolsa de Bruxelas.

Coa Grand- Place como fondo, cada unha das delegacións creará unha pequena alfombra floral que representará un monumento da Unesco, e co que mostrarán o seu método de traballo e estilo distintivos.

Deseño para o evento/ Concello de Bueu

Así o salientou Carmen Santos durante o acto, no que que tamén apuntou que “para a
Asociación supón unha experiencia inédita, coa que pechamos un ciclo de encontros
internacionais nos que somos valorados polas nosas técnicas e deseños”.

Concretamente, haberá dúas alfombras: unha na Grand–Place (que se poderá ver do 16
ao 19 de agosto), que foi deseñada pola delegación mexicana e que inclúe algúns dos
símbolos máis importantes da cultura tradicional de Guanajuato; e outra na rúa da
Bolsa, onde cada país e as delegacións participantes realizarán a súa propia o venres 17.

No caso español, o deseño foi confeccionado por Rafa Oliveira, membro da delegación bueuesa, e inclúe edificios patrimonio da humanidade de cada unha das autonomías que forman parte da Comisión Xestora de Arte Efémero.

HISTORIA

Oficialmente, a primeira alfombra de flores coa forma actual foi creada en 1971 na
Grand Place polo arquitecto de paisaxe Etienne Stautemas. A súa fama estendeuse e
por iso se comezou a realizar noutros lugares non só de Bélxica, senón de todo o
mundo.

Este ano, o evento coincide co vinte aniversario da Declaración da Grand Place como
Patrimonio da Humanidade pola Unesco, e para os e as alfombristas, “é un encontro de
referencia da arte efémera”.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...