InicioMedio Ambiente e PatrimonioPonteareas contrata un plan de saneamento para salvar os acuíferos e o...

Ponteareas contrata un plan de saneamento para salvar os acuíferos e o río Tea da contaminación

PUBLICADO O

O goberno de Ponteareas vén de contratar un plan director de saneamento, o primeiro plan que guiará as futuras accións nesta área para actuar con previsión e organización e non con melloras improvisadas que non dean solucións a longo prazo “como se viña facendo ata a data”, recoñecen.

O plan director nace coa finalidade de dar solución aos problemas crónicos de saneamento e contaminación dos acuíferos e do río Tea, sendo a primeira vez que se está realizar un proxecto que contempla o estudo das augas claras dende o Pedra de Auga á depuradora, que ademais buscará solucións de depuración con sistemas máis eficientes e ecolóxicos e que se estudará detalladamente as propostas máis axeitadas para a realidade do rural en Ponteareas.

Este plan detallará de xeito pormenorizado e particular a eliminación de intrusións e infiltracións, programas de atenuación de auga de drenaxe e pluviais e outras actuacións para a sustentabilidade do sistema.

Para o Alcalde, Xosé Represas, este plan director marca a diferencia no xeito de traballar, pasando de solucións puntuais esporádicas a actuacións organizadas que se vaian sumando para conseguir unha rede de saneamento estruturada e ben pensada.

“Para rematar con obras que dan solucións no momento pero que non resolven a longo prazo, é necesario un documento como o plan director no que se detecten todas as necesidades e os erros cometidos e se aporten solucións á medida que xeren unha auténtica rede de saneamento planificada buscando a eficiencia e o desenvolvemento sostible”, selou.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...