Inicio"Casa de gatos": a solución de Ponteareas á proliferación de felinos

“Casa de gatos”: a solución de Ponteareas á proliferación de felinos

Seguen o protocolo da OMS para limitar a expansión dos felinos.

PUBLICADO O

Ponteareas continúa coa esterilización das súas 17 colonias felinas. Faino a través da concellaría de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo Alonso, quen apunta que xa remataron as intervencións nos espazos que acumulaban máis queixas da veciñanza por problemas sanitarios, ruídos e alimentación.

De acordo co Concello, nestas colonias, ademais da esterilización, tamén se aproveitou aproveitamos para realizar unha limpeza e “instalar unhas casetas para botarlles a comida e que non se molle, evitando así os tuppers, o impacto visual e os plásticos no lugar”.

Caseta das colonias felinas de Ponteareas

A concelleira agradece, neste senso, “o traballo indispensábel da Asociación Biosbardos”, xa que sen as persoas voluntarias non sería doado realizar os traballos con eficacia. O Concello está a aplicar a estratexia C.E.S (Capturar-Esterilizar-Soltar), que supón atrapar a maior cantidade de gatos da colonia, tanto machos como femias, para, posteriormente, esterilizalos.

Unha vez pasadas 48 horas de recuperación, sóltanse na súa colonia cun marcador que facilita a súa posterior identificación e control. Este método é o recomendado pola Organización Mundial da Saúde para evitar a proliferación dos felinos.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...