InicioMedio Ambiente e PatrimonioNovo proxecto para o Castro de Troña: paneis dixitais, retirada de especies...

Novo proxecto para o Castro de Troña: paneis dixitais, retirada de especies invasivas, unha app…

PUBLICADO O

O goberno de Ponteareas vén de acadar o apoio da Deputación de Pontevedra para a mellora do Castro de Troña, situado na parroquia de Pías.

A Xunta de goberno da Deputación aprobou a concesión dunha subvención de 24.387,98€ para o proxecto de “actuacións no Castro de Troña” que ofrecerá aos visitantes unha información didáctica e actualizada con sistemas de comunicación contemporáneos.

Grazas a esta achega realizarase unha sinalización interpretativa do xacemento, que está catalogado como Ben de Interese Cultural, á altura de bens históricos e patrimoniais de Galicia como a catedral de Santiago ou o castro de Santa Tegra.

O obxectivo é revalorizar o Castro de Troña con paneis dixitais interpretativos que percorran a historia do Castro de Troña lembrando as primeiras excavacións realizadas nos anos 20, hai preto de cen anos, que permitan ao público obter unha información e coñecementos actualizados sen a necesidade do acompañamento dun guía especializado.

Castro de Troña/ Turismo.gal

Empregando as novas tecnoloxías, calquera visitante poderán obter maior información accedendo a través do teléfono móvil para obter datos tanto da parte histórica como a arqueolóxica e social.

As actuacións de mellora e revalorización do Castro de Troña, que é un dos valores turísticos máis relevantes de todo o noroeste peninsular, comezarán nas vindeiras semanas unha vez obtido o permiso de Patriomonio que xa está tramitado.

En concreto, o proxecto contempla crear unha ferramenta informática innovadora (App) que permita xeolocalizar o patrimonio arqueolóxico do val do Tea a través dunha aplicación móbil accesible e dun código Bidi (neste momento funciona unicamente en idioma galego). Esta ferramenta tecnolóxica terá a lingua galega como idioma preferente, aínda que a información estará dispoñible en castelán e inglés.

Ademais, actualizarase a información interpretativa existente no xacemento, que se atopa totalmente degradada e obsoleta a causa da mala calidade dos materiais utilizados na súa construción (madeira aglomerada), para solucionar este severo problema instalaranse dun total de 10 picas interpretativas no xacemento, xusto nos puntos nos que actualmente están instalados os sinais deteriorados.

O goberno de Ponteareas conta coa colaboración da Comunidade de Montes de Pías que está a retirar as especies arbóreas invasivas non so para que se poida apreciar mellor o entorno e beleza do Castro de Troña se non ademais para que se poida converter nun mirador sobre a ribeira do Tea.

O goberno local lamenta o estado dos arredores do castro de Troña tralos incendios do mes de outubro, e traslada a súa preocupación ante o incumprimento por parte do Ministerio de Fomento do protocolo que afecta directamente a un dos castros máis importantes do inventariado histórico patrimonial de Galicia.

O Castro de Troña localízase a 4,4 km e 7 minutos en coche do Balneario de Mondariz, un referente termal e turístico, non só da comarca do Condado, senón de toda Galicia. O xacemento está a 7,7 km e 12 minutos en coche do centro da vila de Ponteareas.

Esta aldea fortificada da Idade do Ferro foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC) na categoría de monumentopola Xunta de Galicia no ano 2009 (DOG nº 219 do 9 de novembro.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...