Unha persoa escarcerada despois dun accidente en Ponteareas

Con estes datos, o 112 informou ao 061-Urxencias Sanitarias do ocorrido e avisou aos bombeiros de Ponteareas. Tamén se puxeron os feitos en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e de Protección Civil.

Emerxencias 112 Galicia | ALX

Os bombeiros liberaron na noite do sábado a unha persoa que quedou atrapada no interior do vehículo que conducía cando sufriu un accidente en Ponteareas.

O sinistro ocorreu sobre as 22,00 horas, cando unha persoa particular chamaba ao 112 Galicia para solicitar axuda. En concreto, informaba dun coche accidentado na N-120, no lugar de O Barral, e ao parecer había unha persoa con dificultades para saír do vehículo.

Con estes datos, o 112 informou ao 061-Urxencias Sanitarias do ocorrido e avisou aos bombeiros de Ponteareas. Tamén se puxeron os feitos en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e de Protección Civil.

Finalmente, os Bombeiros confirmaron aos xestores do 112 a excarceración da persoa, que foi trasladada polo persoal sanitario.