InicioPolíticaEsixen a dimisión dun concelleiro do PP de Ponteareas por compartir un...

Esixen a dimisión dun concelleiro do PP de Ponteareas por compartir un vídeo “fascista” en Facebook

Desde o PSOE de Ponteareas consideran que son "accións impropias dun representante político e da democracia".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Secretaria Xeral do Partido Socialista de Ponteareas, Chus Garrote, acusa de xenofobia a un concelleiro do Partido Popular, Domingos Freitas, e esixe a súa dimisión inmediata por compartir nas súas redes sociais “contidos xenófobos e de odio”.

O Partido Socialista considera que son “accións son impropias dun representante político e da democracia”: “Non toleramos que un representante dos ponteareáns simpatice con ideas fascistas e por iso pedimos a súa dimisión inmediata” sinala Chus Garrote.

A edil socialista, ademais, di non entender como o Partido Popular e a súa voceira, Belén Villar, non levan tomado medidas “ante unhas accións reprobables por calquera partido que se considere democrático”.

Captura de pantalla/ PSOE Ponteareas

A líder socialista, Chus Garrote, refírese a un vídeo que o concelleiro do PP compartía no seu perfil persoal de Facebook “do coñecido grupo neonazi, Hogar Social, e da súa lider, Melissa Domínguez, que xa foi detida en numerosas ocasicións por incitación ao odio”.

Por outro lado, os socialistas declaran que non se trata dun caso illado xa que nas últimas semanas, sinalan, o concelleiro do PP “tamén compartía bulos con contido xenófobo tralo rescate dos máis de 600 refuxiados do barco Aquarius”.

Desde o Partido Socialista, engaden, levan invitado ao concelleiro Mingos Freitas a cesar desa actitude e convídano “por saúde democrática, a retractarse nesas mesmas redes sociais do seu comportamento”.

O grupo nazi Hogar Social tamén estivo nas Neves logo da vaga de lumes do pasado outubro para repartir “axuda humanitaria”. Unha visita que provocou numerosas reacións en contra.

ÚLTIMAS

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...

Urxencias e atencións domiciliarias que corresponderían a centros de saúde serán derivadas á PAC de Vigo

A Xerencia da área Sanitaria de Vigo ordena que as urxencias e atencións domiciliarias da quenda...

Abandono ferroviario: Carme da Silva critica a situación da ‘Liña do Miño’ tras a pandemia

A senadora do BNG, Carme da Silva, esixiu ao Goberno central a recuperación total...