Ponteareas organiza esta finde unhas xornadas para coñecer as herbas ancestrais de San Xoán

Cartel / Concello de Ponteareas

A concellería de Cultura do concello de Ponteareas que dirixe Hortensia Bautista convida á veciñanza a participar na actividade organizada para coñecer as herbas tradicionais da festa de San Xoán. Realizaranse esta fin de semana, durante o venres 22 e sábado 23.

De tal xeito, o venres ás 20:00 haberá na sala multiusos da Biblioteca Municipal unha charla presentación dun folleto sobre propiedades e utilidades das herbas de San Xoán, e o sábado ás 19:00 efectuarase unha saída guiada á cargo de Faia Educación Ambiental para recoñecer as principais herbas utilizadas desde tempos ancestrais no solsticio de verán. O punto de encontro será o torreiro de Areas.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here