Denunciados cinco vendedores ambulantes en Ponteareas por non levar máscara

O pasado fin de semana inspeccionáronse uns 20 locais de lecer nocturno neste municipio, onde se detectaron diversas infraccións administrativas.

Concello de Ponteareas/ Páxinas galegas

A Policía Local de Ponteareas denunciou a cinco vendedores ambulantes que exercían a súa actividade na ‘feira’ desta localidade sen facer uso da máscara obrigatoria.

Así o confirmaron fontes municipais, que detallaron que estes vendedores foron propostos para sanción por parte dos axentes, no marco dunha inspección realizada no mercadillo o pasado venres.

Esta actuación forma parte dos labores de vixilancia da Policía Local de Ponteareas para detectar posibles incumprimentos das medidas de prevención ‘antiCOVID’, así como outras irregularidades.

Precisamente, o pasado fin de semana inspeccionáronse uns 20 locais de lecer nocturno neste municipio, onde se detectaron diversas infraccións administrativas. Ademais, procedeuse a clausúraa e precinto dun deles, na Rúa Real, polos problemas que xeraba aos veciños e por non ter licenza.