InicioSociedadePonteareas aproba os maiores orzamentos da súa historia

Ponteareas aproba os maiores orzamentos da súa historia

PUBLICADO O

O goberno de Ponteareas ratifica o orzamento para o ano 2018 tras resolver no pleno extraordinario celebrado hoxe xoves as nove alegacións presentadas logo da aprobación inicial no pasado mes de agosto.

Co voto de calidade do Alcalde, Xosé Represas, resolveuse o empate producido ao facilitar o concelleiro de Esquerda Unida, Lino Costas,  a aprobación dos orzamentos coa súa abstención. PP e ACIP votaron en contra.

Á espera de que entre en vigor coa publicación nos vindeiros días no Boletín Oficial da Provincia, o goberno de Ponteareas contará cun orzamento de 16.936.298,83€, dos que 3.045.067,61€ serán para investimentos que son financiados fundamentalmente coa subvención de fondos europeos da estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable”.

Para o Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, “estes orzamentos, que son os máis altos da historia de Ponteareas significan un antes e un despois grazas á xestión dun goberno que herdou unha situación na que 50% dos ingresos do estado estaban intervidos polo Ministerio de Facenda por non ser capaz o anterior goberno de presentar un plan de axuste que contara coa aprobación do Estado”.

“Pagáronse as débedas históricas de gasto corrente, conseguíuse ter remanente positivo na liquidación das contas do pasado ano 2017 e a partir de agora estamos na mellor posición posible para poder realizar as obras e actuacións polas que Ponteareas leva décadas agardando”, sinalou.

máis de dous millóns e medio de euros para gasto social

Os orzamentos contan con diversas partidas que suman máis de 430.000 euros para subvencionar as actividades das casas culturais, clubes deportivos, escolas de música, axudas para material escolar… así como para básicos como as traídas de auga xestinadas polos veciños.

Outras das partidas relevantes é a destinada as axudas de emerxencia social, 120.000 euros, cifra que multiplica a destinada no ano 2014. Entre os capítulos máis destacados, o Alcalde remarcou a relevancia que se lle da a priorizar o gasto social que suma un total de 2.692.784,62€ nas diferentes liñas cos servizos sociais, a residencia de maiores, a axuda no fogar ou a escola infantil.

Pola súa parte, Educación e Cultura suman un total de 2.305.070,96 euros que se investirán no Conservatorio, centros educativos, biblioteca, auditorio e as actividades festivas e culturais.

Represas destacou que “o orzamento permitirá facer investimentos imprescindibles e que tamén recolle o saneamento das contas municipais na que figuran as últimas partidas destinadas a pagar sentenzas e débedas atrasadas”.

En 2018 destinarase máis de 500.000 euros ao pago de sentenzas xudiciais por débedas e préstamos. Entre outras medidas que recolle este documento está a conxelación de taxas e impostos, con rebaixas relevantes como a do imposto de construcións e reformas.

“Son uns orzamentos que garanten a estabilidade econónica municipal e sitúan ao Concello de Ponteareas na mellor situación da súa historia para afrontar os grandes retos de investimentos que Ponteareas precisa”, asegurou.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...