O Concello de Ponteareas defende que as multas polos vertidos “non axilizan” a mellora do río Tea

O goberno de Ponteareas atopa a causa destas multas e do mal estado do río na "depuradora insuficiente" que inaugurou o PP hai 20 anos.

Verquido no Tea/ ADENCO

O concello de Ponteareas vén de “aclarar” ao grupo ecoloxista Adenco que as multas administrativas “non axilizan o proceso de mellora dos vertidos ao río Tea e tan só supoñen un gasto e unha entrega de cartos á administración, cartos que poderían ser derivados a outros servizos en beneficio da cidadanía e do mediambiente”.

O Alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Xosé Represas, explicaron que as sucesivas multas teñen unha orixe “que vén de moitos anos atrás, máis de vinte anos, cando anteriores gobernos do PP decidiron instalar unha depuradora insuficiente para o caudal que recibiría e que ademais non tiña en conta a previsión de crecemento da cidade. Este erro e falta de previsión provoca agora que reciba máis caudal do que debe tratar e que a  se produzan vertidos”.

acusan os ecoloxistas de utilizar unha dobre vara de medir con pp e psoe

Represas explica que aínda que agora se producen moitas multas “non é precisamente porque se deba a un aumento dos vertidos”, simplemente é froito da dunha maior “preocupación” de Adenco e do seu responsable, Anxo Saborido, por denunciar, con relación á épocas anteriores con gobernos do Partido Popular.

O Alcalde asegura que o río agora non está peor, apuntando que a praia de San
Roque durante décadas non era apta para o baño, pero si dende hai dous anos por eliminar os vertidos de regato da Venda.

“A solución aos vertidos está en marcha e Adenco e Anxo Saborido teñen constancia disto”, aseguran desde o Concello. O goberno de Ponteareas propúxolle a Confederación Hidrográfica un acordo para solucionar entre a propia Confederación (dependente do Estado), a Xunta de Galiza e o Concello un acordo entre as tres administracións para solucionar o grave e crónico problema dos vertidos ao Tea.

Esta proposta, como xa se ten informado, deu os seus froitos e neste momento estanse
redactando dous proxectos por un importe total de 4,5 millóns de euros que pretenden dar solución as verteduras sen depurar ao Tea.

“Isto si é unha medida en marcha e en firme para solucionar os problemas crónicos do noso río Tea. Isto si é axilizar e traballar en positivo e non poñer atrancos que dificulten a xestión”, concluíron.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here