InicioSucesosInvestigan por vía penal a un veciño de Mondariz pola morte do...

Investigan por vía penal a un veciño de Mondariz pola morte do can dun veciño

PUBLICADO O

- Advertisement -

 A Garda Civil investiga pola vía penal a un veciño de Mondariz como suposto autor dun delito de malos tratos animais, tras causar a morte do can dun veciño ao que, supostamente, disparoulle cunha carabina de aire comprimido.

Segundo informou a Garda Civil, o propietario do can relatou na súa denuncia que viu como esta persona dáballe unha patada ao animal para botalo fóra da súa casa. Cando recolleu o can, que estaba tirado na rúa, puido comprobar que “sangraba abundantemente polo que tivo que levalo a unha clínica veterinaria”, onde faleceu “consecuencia da forte hemorraxia“, segundo contou.

O persoal facultativo da clínica constatou que o can tiña unha ferida penetrante no abdome como consecuencia dun suposto disparo efectuado cunha carabina de aire comprimido. Na radiografía que lle efectuaron púidose constatar que tiña aloxado un perdigón.

Como consecuencia, a patrulla do Seprona da Garda Civil de Ponteareas, que se fixo cargo da investigación, notificoulle a esta persona a súa condición de investigado como suposto autor dun delito de malos tratos animais. Ademais, retiróuselle preventivamente a carabina de aire comprimido coa que supostamente lle disparou ao animal.

As dilixencias instruídas entregáronse no Xulgado de Instrución número 3 de Ponteareas, onde está previsto que se celebre xuízo rápido, o próximo día 22 deste mes.

O Código Penal castiga este tipo de delito a penas que van desde tres meses e un día a un ano de prisión.Tamén pena con inhabilitación especial desde un ano e un día a tres anos para o exercicio de profesión, oficio ou comercio que teña relación cos animais e para a tenencia de animais.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...