InicioDeportesO Trail Orixes de Mondariz resiste a vaga de lumes: apostar polo...

O Trail Orixes de Mondariz resiste a vaga de lumes: apostar polo monte, a única forma de salvalo

PUBLICADO O

O Trail Orixes celebrarase a pesar de todo, resistindo a vaga de lumes que azotou Mondariz. Este pasado domingo o concello sufriu a queima dun total de 150 hectáreas na zona de Gargamala e Sabaxáns, zonas polas que transcorren as diferentes distancias do Trail Orixes.

Ante as incertidumes que poidan xurdir sobre o percorrido, a organización asegurou que se salvou o 99%. Ardeu só un quilómetro do circuíto, comprendido entre o quilometro 16 e 17 correspondente ao trail de 26Km. “Tamén hai que contar que o venres ardeu en Cernadela, pero non afectou o percorrido por escasos metros”, engadiron.

Dende a organización do Trail quixeron mostrar “a nosa tristura e impotencia ante
esta vaga de lumes que azoutan e destrúen os nosos montes, afectando durante anos estas zonas e acabando co patrimonio vexetal e paisaxístico do noso concello”.

Incendio en Mondariz/ Miguel Núñez

“O ano pasado, a maioría dos participantes destacaron as impresionantes zonas de monte pola que percorre o trail dende o río Furafollas, os pasos de Dragón… Zonas que incrementan o valor do trail e o fan único no calendario de carreiras de montaña
de Galicia e norte de Portugal”, celebran.

O 15 de outubro remata o último tramo de prezos reducidos para os que se inscriban, e por iso dende a organización invitan a todos os corredores de trail a participar nesta carreira e a dar a coñecer zonas da montaña máis descoñecida de Mondariz e así seguir apostando polo monte e pola diversidade de actividades de lecer que se pode facer neles o que contribúe o seu mantemento e coidado.

A carreira consta de tres probas: maratón, de 46 km, trail, de 26, e minitrail, de 14.
Para anotarse na carreira tan só tes que entrar en Championchip Norte, e para máis info na web da asociación.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Sae o vehículo número 16 millóns de Stellantis, un Fiat E-Dobló 100% eléctrico

Stellantis Vigo produciu este martes o seu vehículo número 16 millóns desde que a...

Expertos analizan no Porriño o “difícil” camiño das vacinas pendentes

A Asociación Nacional de Informadores da Saúde (ANIS), en colaboración con Zendal, organizaron no...