A Xunta e o Concello das Neves construirán este ano unha nova gardería no municipio

Debuxos na parede dunha gardería en Valladolid / Photopin

Xunta de Galicia e Concello construirán na segunda parte de 2018 a nova Gardería infantil das Neves para resolver os problemas de espazo e condicións de prestación do servizo coñecidos dende hai décadas.

Na vindeira semana o Presidente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez e o Alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez asinarán o convenio que permitirá o construción da instalación cun orzamento de preto de 300.000 euros dos que As Neves aportará o 25 %.

A Gardería estará situada na zona da antiga casa do conserxe do Colexio Público de Ensino Infantil e Primario das Neves. A nova instalación contará con 161 metros cadrados construídos e mailos espazos exteriores, sumando unha parcela total neta de 490,50 metros cadrados.

Disporá de 20 prazas cos servizos de zona de preparación de alimentos, zonas de hixiene, zona de descanso, 2 aulas para usos múltiples e despacho. No exterior haberá espazo para xogos, hortas, xardín e acceso para as familias.  

O Alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez, móstrase “moi satisfeito de por en marcha unha das primeiras aspiracións do seu goberno dende a chegada hai case 3 anos, unha nova gardería demandada por toda a poboación”.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here