InicioMedio Ambiente e PatrimonioAs Neves esixe á Xunta que asuma as súas competencias na praga...

As Neves esixe á Xunta que asuma as súas competencias na praga da velutina, trala “ausencia de traballo efectivo”

Desde As Neves aseguran que a Xunta "non interviu activamente no noso territorio, e a xestión que realizou nesta materia careceu de calquera tipo de avance, nin na investigación nin na actuación directa na eliminación física dos enxames”.

PUBLICADO O

O Goberno local das Neves vén de dirixirse á Xunta de Galicia coa finalidade de que asuma as súas competencias e actúe contra o avance da vespa asiática neste concello. A inicio de 2016, lembra o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, “dende o Concello solicitamos poder contribuir cunha colaboración voluntaria na eliminación desta praga. En agosto de 2016 a Xunta de Galicia aportou a este fin algún material para poder levar adiante algunhas accións”.

O Concello, cun grupo de voluntariado ambiental, estivo desactivando niños e “chegamos a eliminar preto de 200 no ano 2017”, engade o alcalde, pero a Xunta, “que ten as competencias exclusivas nesta materia, non interviu activamente no noso territorio, e a xestión que realizou nesta materia careceu de calquera tipo de avance, nin na investigación nin na actuación directa na eliminación física dos enxames”.

Esta suposta ausencia de traballo efectivo da Xunta, constata o Concello, “produce un efecto pernicioso e inxusto na nosa sociedade e desmobiliza a toda aquela xente que se compromete voluntariamente no ataque á praga”.

“Do mesmo xeito, converte ao Concello, e a este grupo de acción medioambiental, nos aparentes responsables de resolver todas e cada unha das denuncias e reclamacións por avistamentos e detección de niños de vespa velutina, cando na realidade, non se lle ten transferido nin a competencia, nin os medios económicos, materiais e de persoal imprescindibles para abordar con éxito a resolución do grave problema a que nos enfrontamos”, subliñan.

Por todo isto, o Concello das Neves ten adoptado a decisión de “comunicar e esixir á Xunta de Galicia que realice, de acordo coa sua obriga competencial, e cos seus propios medios económicos humanos e materiais, a xestión da eliminación da praga da vespa velutina. Por tanto, dende este momento calquera sospeita de presenza de vespa velutina debe ser comunicada a Xunta de Galicia a través do 112”.

ÚLTIMAS

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...