Arbo e A Guarda celebran a excelencia gastronómica da súa lamprea

A lamprea de Arbo, un símbolo do sur de Galicia.

Lamprea/ Concello de Arbo

Todas as persoas que desexen degustar lamprea á bordalesa poderán achegarse á Guarda as fins de semana ata o 14 de abril. Porque o Concello da Guarda, en colaboración cos establecementos hostaleiros da vila, organiza as xornadas gastronómicas «Lamprea do Miño», que se celebrarán en 10 bares e restaurantes co obxectivo de potenciar A Guarda como destino gastronómico da lamprea.

Durante estas xornadas, as veciñas e veciños da nosa vila e a súa contorna poderán degustar a lamprea na súa preparación máis tradicional, á bordalesa, a un prezo único por ración de 22€. A lamprea enteira terá un prezo de 65€. Dada a larga elaboración que precisa este manxar é preciso a reserva previamente nos restaurantes.

Os establecementos adheridos a esta campaña son os restaurantes Area Grande, Arruaz, Brétema, Bar Casa Aquilino, Enxebre, La Pizzicata, Marbella, O Cangrexal, O Roxo e Xantar. Esta nova iniciativa gastronómica transformouse o ano pasado da vontade conxunta de impulsar a gastronomía local e a súa riqueza, centrando os esforzos na exaltación dun dos manxares máis descoñecidos do noso río.

Lamprea do Miño/ A Guarda

Este ano aumentáronse as fins de semana para que todos os interesados podan degustar a lamprea na súa elaboración máis tradicional e como leva preparándose durante xeracións na Guarda.

Dentro desta mesma campaña, o alumnado de 6º de primaria dos centros de ensino da Guarda participarán na xornada didáctica «Coñecedes a lamprea?», unha iniciativa que leva organizando dous anos. Dada a boa acollida da proposta, os cativos e cativas repetirán a experiencia, na que poderán achegarse ás técnicas de pesca da lamprea no río Miño, agora en temporada. Departamento de Comunicación y Prensa Concello da Guarda.

Esta xornada componse de dúas partes: unha primeira actividade didáctica que se realizará na Casa dos Alonso, onde as nenas e nenos poderán coñecer máis polo miúdo a lamprea a partir dunha reportaxe audiovisual sobre a pesca desta na desembocadura do Miño.

Contarán, ademais, co testemuño de pescadores, que explicarán a súa profesión aos cativos e cativas mediante os aparellos de pesca que empregan e, como non, as vivencias e anécdotas.

Pesqueiras/ Concello de Arbo

Deseguido, o alumnado poderá elaborar na aula uns debuxos coa temática «Desembocadura do Miño e a lamprea». Os traballos exporanse na Praza de Abastos dende o sábado 13 de abril. A lamprea é un produto de temporada polo que estas xornadas organízanse para dar a coñecer a lamprea do Miño como un produto gastronómico de excelencia.

A temporada de pesca na desembocadura do Miño comeza en xaneiro e finaliza a mediados de abril e durante estes meses pódese observar a decenas de pescadores nas súas embarcacións como realizan este duro traballo largando a rede, coñecida como lampreeira, e izándoa mentres as correntes do río os desprazan. Como peche a esta campaña está previsto a realización dun showcooking o sábado 13 de abril na Praza de Abastos.

Esta actividade amosará como se elabora unha receita de lamprea. É moi interesante percorrer os sendeiros das praias da desembocadura do río Miño contemplando a paisaxe e os pescadores de lamprea traballando durante a subida da marea. Nestas praias aínda se conservan coa marea baixa restos de varias pesqueiras (construcións en pedra), que debido a súa antigüidade se descoñece se tamén empregaban para capturan as lampreas ademais de peixes.

arbo

O pasado sábado, o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea (Museo Arabo) de Arbo recibiu a visita da Academia Galega de Gastronomía. Ao encontro acudiron membros da Academia Galega de Gastronnomica, acompañados polo Alcalde do Concello de Arbo Horacio Gil e o vicepresidente desta escola, Francisco García Bobadilla, expresidente da rede de paradores nacionais, e o que foi director xeneral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia e secretario xeral para o Turismo da Xunta de Galicia.

Os asistentes tiveron a oportunidade de contemplar o museo, un lugar onde comprenderon a enorme vinculación histórica dos arbenses co viño e a lamprea. Tamén visitaron a vinoteca do edificio, onde puideron degustar os viños das adegas de Arbo con D.O Rias Baixas. Alí coñeceron a vida deste manxar a través dos vídeo interpretativos e coñeceron máis a fondo a historia das Pesqueiras, esas construcións abrazando ao Río Miño, nos que se pesca a lamprea.

Museo da lamprea en Arbo/ Concello de Arbo

Trás coñecer a historia e atributos de Arbo no museo, os asistentes puideron degustar lamprea en varios estilos: á bordalesa, rechea, asada á brasa, con fideos e tirabeques ou en empanada.

Unha cociña “de excelencia”, “variada”, “de coidada gastronomía tradicional” e que contribúe a “exaltar os produtos autóctonos”. Estes son, entre outros, algúns dos cualificativos que recibiu a oferta gastronómica de Arbo, centrada fundamentalmente nestes dous produtos milenarios: o viño e a lamprea. O Alcalde de Arbo, Horacio Gil, tamén presente nestes actos, destacou que “a lamprea, o viño e as pesqueiras son o reflexo da forma de vida, da cultura e a tradición de Arbo”.

Lamprea rechea/ Arbo

Afirmando tamén que este tipo de encontros forman parte da forte estratexia de promoción que esta levando a cabo o Concello de Arbo para promocionar os seus atributos, as súas festas e a súa inmellorable oferta gastronómica e hospitalaria.

“A tempada de lamprea este ano está a ser todo un éxito e verémolo reflectido en abril cando recibiremos a máis visitantes que Concello de Arbo Praza nunca na nosa prezada Festa da Lamprea, que terá lugar os días 26, 27 e 28 de abril”.

as pesqueiras

Cun paseo ao longo do Miño descubriremos 270 pesqueiras, exemplos de arquitectura popular usadas aínda hoxe para a pesca artesanal da lamprea. As pesqueiras debuxando o transcurso do Miño son símbolos da arquitectura popular e os vestixios da pesca da lamprea durante os primeiros meses do ano.

Pesqueiras/ Concello de Arbo

“As pesqueiras forman parte da cultura, das tradicións e do modo de vida das persoas que teñen os seus fogares en Arbo. Durante moitos anos as Pesqueiras e xa que logo a pesca da lamprea, formaron parte imprescindible do traballo e a economía dos arbenses”, rememoran dende o concello.

Aseguran os historiadores que xa en tempos da Roma Imperial, amos de vastos imperios facían levar lampreas vivas desde a zona de Arbo á asollada Italia, para posteriormente conservalas ata o momento de ser preparadas e servidas á mesa.

Pero a fama da que goza Arbo a nivel internacional, grazas á lamprea, non só lla dá a calidade do produto, senón a forma artesanal de pescala utilizando a rede e as denominadas pesqueiras.

Pesqueiras/ Concello de Arbo

As pesqueiras, con forma de paralelípedos, compóñense de varios corpos chamados poios, dispostos en posición paralela ou en batería respecto ao curso do río. Entre os poios, existen estreitos calellos polos que se deixa discorrer a auga do río, ademais de conformar o espazo suficiente para colocar o “buiturón”, unha rede cónica coa que se pescan as diferentes especies piscícolas do baixo Miño, en especial a lamprea.

As dimensións das pesqueiras varían segundo as esixencias topográficas e do nivel de auga de cada tramo do río, con todo, cada poio adoita ter unha medida estándar de dous metros de ancho, catro ou cinco de longo e entre catro e seis de alto.

Segundo ten manifestado o alcalde de Arbo, Horacio Gil, responsable así mesmo do Área de Turismo e Promoción do Concello de Arbo, as pesqueiras constitúen parte inseparable da cultura, da tradición, da sociedade e da contorna natural e paisaxística do Concello de Arbo.

Uns valores inherentes e únicos que conforman a identidade dos arbenses como pobo. A tradición da pesca da lamprea en Arbo conta con séculos de antigüidade. Estas construcións, de indubidable interese arquitectónico e etnográfico, seguímolas utilizando para capturar a lamprea.

“O auxe do turismo experimentado no noso pobo, cada vez máis frecuentado por visitantes de todo o mundo, lévanos a obter o sobrenome de “Arbo, capital Mundial da Lamprea”.

ata na china

Arbo, a lamprea, as súas receitas, a pesca e a Festa da Lamprea, están a causar unha gran expectación en China, trala visita dunha xornalista gastronómica dese país. A lamprea é un singular animal que segue espertando paixóns e curiosidades entre todas aquelas persoas que descobren a súa existencia.

O pasado ano, unha xornalista chinesa desprazouse ata o Concello de Arbo para realizar un programa de dúas horas sobre a Lamprea, a pesca, a gastronomía e a Festa da Lamprea, para o medio de comunicación online Pear video.

Programa / Concello de Arbo

O equipo de contido e operacións de video de Pear está formado por membros
experimentados de influíntes medios chineses comoThePaper.cn ou o Shanghai Media Group, entre eles corresponsais de guerra, cineastas documentales e geeks creativos de Internet. O programa gravado en Arbo conseguiu 500.000 visualizacións no seu primeiro lanzamento.

Programa / Concello de Arbo

“Unha vez máis queda demostrado que Arbo é referencia deste vertebrado, un dos máis antigos do Planeta, e que podemos ter o orgullo de levar o sobrenome de Arbo Capital Mundial da Lamprea”, subliñan dende o Concello.

“A lamprea, especie milenaria, convertíase no ano 1961 en símbolo identificativo de Arbo coa súa primeira Festa, declarada de interese Turístico Nacional no ano 2016 e que aspira a ser de Recoñecemento Interese Turístico Internacional”, en palabras do alcalde, Horacio Gil, que tamén afirma que a visita da xornalista e o interese de medios chineses na Festa, “é unha mostra da paixón que suscita no panorama tanto nacional como internacional”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here