InicioPolíticaCarmela Silva denuncia que a Xunta presume de repartir material aos concellos...

Carmela Silva denuncia que a Xunta presume de repartir material aos concellos que entregou o Goberno central

s públicos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Cargos do PP e do PSOE enleáronse nas redes sociais a conta da axuda aos concellos. A Xunta de Galicia, a través da Delegación de Pontevedra, anunciou unha segunda entrega de Equipo de Protección Individual (EPI) ao Concello da Cañiza. Un concello gobernado polos socialistas que denuncian que este material foi enviado previamente ao Goberno galego polo Goberno central.

Neste envío inclúe “400 máscaras, 600 luvas, 14 traxes enteiros, 7 botes hidroalcólicos e 5 litros de lixivia“, sinala o ex alcalde da Cañiza, Miguel Domínguez Alfonso, nun comunicado na súa conta de Facebook persoal, no que ademais, pregúntase “onde está Carmela Silva?”.

Por iso, a presidenta da Deputación de Pontevedra, contestou a Domínguez Alfaro na súa conta acusándoo de “mentir”. “O material que envía a Xunta é o que enviara xa o goberno de España”, escribiu. Ademais, asegurou que ela está “poñendo en disposición dos concellos os 28 millóns de euros para hixiene, alimentación ou desinfección de espazos públicos”.

Ante isto, o ex alcalde do PP contestoulle que foi a Xunta a única administración que “está do lado dos concellos e da xente”. Pero tras criticar duramente á socialista, e ante as denuncias doutros usuarios que pedían que non se politice esta crise, Domínguez cambiou rápidamente o ton e dixo que “é momento de unir forzas”.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...