InicioDeportesA ponteareá Melania Rodríguez, ouro en dobre mini tramp nos Xogos Mundiais...

A ponteareá Melania Rodríguez, ouro en dobre mini tramp nos Xogos Mundiais de Birmingham

"Para nós e un orgullo contar con deportistas de tan alto nivel que levan o nome de Ponteareas por todo o mundo", salienta o Concello.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xinmasta ponteareá Melania Rodríguez vén de conseguir a medalla de ouro na categoría de dobre mini tramp nos Xogos Mundiais de Birmingham 2022. A deportista, integrante do Club Ximnasia Burgas, subiu ao máis alto do podio do Legacy Arena tras superar na final á neozelandesa Bronwyn Dibb e á sueca Lina Sjoeberg.

O concelleiro de Deportes de Ponteareas, Miguel Bouzó, felicitou en nome de todo o Goberno local á ximnasta. A pesar do altísimo nivel do resto de participantes durante toda a competición, a ponteareá acadou uns grandes resultados que reflicten “o enorme traballo diario que hai detrás de todas e todos os deportistas de alto nivel, que se esforzan en cada adestramento e en cada competición para superar todos os límites”.

Para nós e un orgullo contar con deportistas de tan alto nivel que levan o nome de Ponteareas por todo o mundo”, salienta o edil. Rodríguez acadou o ouro tras executar de forma moi limpa un salto con pirueta barani en prancha de entrada e mortal pirueta en prancha de saída, co que conseguiu os 26,600 puntos necesarios para facerse co máximo metal.

ÚLTIMAS

O alcalde de Vigo acusa aos ‘populares’ de querer “branquear a súa vergoña” en referencia ao AVE á cidade olívica

O AVE entre Vigo e Madrid directo por Cerdedo, e a conexión ferroviaria co...

25N.- O Pleno de Vigo insta a Concello e Xunta máis medios contra a violencia machista

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este luns unha moción presentada polo BNG...

O Celta recibe autorización do Concello de Vigo para celebrar concertos en Balaídos o próximo verán

O Concello de Vigo autorizará ao Real Club Celta de Vigo a celebrar concertos...

Gallas caídas e mobiliario urbano afectado entre as numerosas incidencias da borrasca Bert en Vigo

A borrasca Bert deixou en Galicia durante as últimas horas un total de 874 incidencias...