InicioDeportesA ponteareá Melania Rodríguez faise co bronce no Campionato do Mundo de...

A ponteareá Melania Rodríguez faise co bronce no Campionato do Mundo de Trampolín

Con este resultado reforza as súas posibilidades de participar nos Xogos Olímpicos de París do 2024.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A ponteareá Melania Rodríguez continúa a escribir a súa historia no mundo da ximnasia. A deportista, de tan só 20 anos, acaba de participar en dúas finais do Campionato do Mundo de ximnasia de trampolín que se celebrou en Bakú (Acerbaixán), logrando o bronce na especialidade de dobre minitramp.


A deportista obtivo a terceira mellor puntuación, 69.600 puntos, por detrás da sueca Lina Sjoeberg (70.900), que logrou o seu terceiro mundial consecutivo, e a estadounidense Shelby Nobuhara (70.000). Un resultado que reforza as súas posibilidades para participar nos Xogos Olímpicos de París do 2024. “Con estes resultados Melania únese a longa lista de deportistas de éxito estatal cos que conta Ponteareas”, destaca o concelleiro de Deportes Miguel Bouzó.

Con só 20 anos, ademais destas dúas finais, Melania Rodríguez ten no seu
palmarés, entre moitos éxitos, un podio no Campionato do Mundo de ximnasia no 2018 e dous títulos europeos júnior consecutivos. Unha carreira chea de éxitos, malia as lesións. No ano 2019 sufriu unha fractura no metatarsiano, e despois un accidente de tráfico que lle impediu participar en tres das copas do mundo que se celebraron, fundamentais para clasificarse para os Xogos Olímpicos de Tokio.

ÚLTIMAS

Vigo rexeita o recurso de Ryanair e mantén a sanción por reducir voos

O Concello de Vigo confirmou o rexeitamento do recurso de reposición presentado pola aeroliña Ryanair contra a sanción imposta pola...

Caballero impulsa accións legais pola exclusión de Vigo como sede do Mundial 2030

O Concello de Vigo iniciou os trámites para estudar unha posible reclamación xurídica fronte...

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...