A Garda Civil rescata na Cañiza a un home que caiu sobre as coitelas dunha rozadora

Efectivos da USECIC da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra e unha patrulla do Posto de Arbo auxiliaron esta mañá a un veciño de Arbo, de 47 anos, que sufrira un accidente laboral fortuíto cando estaba a rozar unha leira no lugar de Touzosas, A Cañiza.

Ao sufrir o contratempo que se produciu ao caer sobre as coitelas da máquina que manipulaba resultou con feridas de consideración nunha perna.

Puido alcanzar o coche que tiña estacionado alí, e, nese momento pasaba unha dotación da USECIC, que puideron auxiliarlle practicándolle un torniquete para evitar a hemorraxia.

Finalmente os servizos de emerxencias sanitarias solicitaron o traslado do ferido en helicóptero ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here