Investigan quen é a muller que apareceu afogada flotando no Río Miño en Salvaterra

Piscina/ Concello de Salvaterra do Miño

Efectivos dos servizos de emerxencias recuperaron na noite deste mércores o corpo sen vida dunha muller que apareceu flotando no Río Miño no municipio pontevedrés de Salvaterra.

Segundo informou o 112 Galicia, uns veciños avistaron á persoa semihundida preto das piscinas municipais e chamaron ao servizo de emerxencias para pedir axuda.

Por iso, púxose en marcha un operativo formado polas forzas da orde, equipos da Comandancia Naval e os Bombeiros de Ponteareas e Baixo Miño para localizar en primeira instancia e rescatar finalmente o cadáver da muller.

Sobre as 21,30 horas deste mércores sacaron o corpo do río e puxérono a disposición da autoridade xudicial. Tamén, solicitaron asistencia médica para a familia da falecida.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here