InicioCulturaTui reunirá a 200 profesionais da industria musical grazas ao MUMI 2022

Tui reunirá a 200 profesionais da industria musical grazas ao MUMI 2022

Están programados vinte showcases, seis faladoiros, encontros profesionais e un festival de emerxentes.

PUBLICADO O

Mañá, 29 de setembro, na Zona PRO-AGADIC, instalada no Teatro Municipal de Tui, bota andar o MUMI 2022 na Eurocidade Tui-Valença cun programa cargado de música ao vivo, no que os encontros entre empresas e profesionais de Galicia e Portugal serán protagonistas. Até o sábado 1 de outubro, vinte showcases de bandas e artistas portugueses e galegos, os impresionantes espectáculos de Omiri e Xosé Lois Romero & Aliboria na apertura do evento, faladoiros e encontros profesionais, e o Festival Minho Tranfronteiriço no peche, completan a proposta desta 3ª edición do MUMI Encontro Profesional das Músicas no Minho. 

Tres días de programación, boa parte dela aberta ao público, que queren tender novas pontes entre o sector da música. Debido á previsión metereolóxica, a organización do encontro decidiu trasladar os concertos programados en espazos abertos o xoves 29 a recintos resgardados. Patrocinado pola Eurocidade Tui-Valença, tamén apoian o MUMI 2022 a Direção Regional de Cultura do Norte, a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, a AECT Rio Minho, a Fundação GDA e Bodegas Martín Códax.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...