InicioCulturaUnha visita guiada nocturna para coñecer as pegadas da cultura xudía en...

Unha visita guiada nocturna para coñecer as pegadas da cultura xudía en Tui

Esta actividade terá lugar este venres, 2 de setembro, e centra o programa da Xornada Europea da Cultura Xudía na cidade.

PUBLICADO O

A cidade de Tui acolle este venres, 2 de setembro, diversas actividades arredor da celebración das Xornadas Europeas da Cultura Xudía, que contribúen á posta en valor do amplo conxunto patrimonial existente na cidade de Tui ligado á presenza de comunidades xudías e cripto-xudías ao longo dos séculos.

En concreto, o venres realizarase unha visita nocturna aos elementos da historia de Tui ligados á presenza xudía na cidade, unha visita que comezará ás 22,30 horas diante da Oficina Municipal de Turismo, no Paseo da Corredoira. No percorrido, as persoas asistentes, que están convidadas a portar unha canea (ou vela), poderán achegarse a diversos puntos de interese nun percorrido polo conxunto histórico de Tui a cargo de guías especializados. A asistencia é libre.

Nesta xornada, ás 10,00 horas de Portugal, terá lugar no Paiol de Marte de Valença a inauguración da exposición ‘Diálogos’ que foi preparada en setembro de 2021 pola Biblioteca Nacional de Israel. Esta exposición reflexiona e explica diferentes tipos de diálogos desde a perspectiva da cultura xudía, a través de fotografías e cadros de textos. A mostra chega da man da Red de Juderias de España – Caminos de Sefarad á que o concello de Tui pertence dende o ano 2019.

Finalmente, ás 12,30 horas terá lugar o descubrimento dunha placa e bronce co símbolo da Red de Juderias de España na fachada do Concello para simbolizar a pertenza do Concello de Tui a esta agrupación, que integra 21 concellos de toda España que traballan a prol da conservación e promoción do legado xudeu existentes nas súas localidades.

A temática elixida para celebrar en 2022 a Xornada Europea da Cultura Xudía en 35 países europeos foi ‘RENACER’, un concepto que permite seguir as pegadas e a memoria naqueles lugares onde houbo presenza xudía, e que a pesar da súa desaparición, conserva aínda na actualidade unha herdanza e un patrimonio sen o cal non se entendería o
presente. O Concello de Tui convida a visitar o espazo RENACER, na Praza da rúa Ordoñez, ao longo da fin de semana do 3 e 4 de setembro.

ÚLTIMAS

Por que foi anulado o plan de urbanización do Barrio do Cura?

O xulgado do contencioso administrativo 1 de Vigo ditou sentenza pola que declara nulo...

Os 15 pediatras que obtiveron praza por concurso de méritos na área de Vigo teñen ata o 18 de abril para incorporarse

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou recentemente dúas resolucións que adxudicaron a 70...

Un milleiro de bailaríns, inscritos xa na XII edición de Vigo Porté, que traerá danza e música ás rúas da cidade a finais de...

Un milleiro de bailaríns inscribíronse xa na XII edición de Vigo Portei, desde que...

Constitúese a plataforma “Vigo verde -Salvemos a Barrorca” para rexeitar a talla da Carballeira de Casaliños en Navia

"Este mesmo domingo 17 de marzo, a plataforma "Vigo verde -Salvemos a Barrorca" organiza...