InicioSociedadeTui participa nun encontro da 'Red de Juderías' sobre o legado xudeu

Tui participa nun encontro da ‘Red de Juderías’ sobre o legado xudeu

O alcalde, Enrique Cabaleiro, destaca a importancia da pertenza do municipio a esta rede.

PUBLICADO O

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, asistiu o pasado venres, 24 de xuño, á 60ª Asemblea da Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad que tivo lugar en Lucena, Córdoba, onde se abordaron os proxectos presentes e os retos futuros desta entidade.

Nesta Asemblea Xeral fíxose un repaso ao estado de execución do orzamento anual, ás actividades que se levaron a cabo ata a data e aos proxectos que se abordarán no segundo semestre de 2022, entre os que destaca a celebración da Xornada Europea da Cultura Xudía a primeira fin de semana de setembro.

Igualmente, durante a Asemblea, abordouse o regulamento, opcións e cidades candidatas a unha posible ampliación da Rede de Xudarías de España en 2023. O rexedor tudense puxo de manifesto “a importancia da nosa pertenza a esta exclusiva rede gracias á riqueza do noso legado xudeu”. “Seguiremos impulsando a promoción da nosa ampla oferta co propósito de posicionar a Tui no mercado turístico, sendo o noso legado xudeu todo un referente e un reclamo do que podemos presumir con orgullo”, asegurou.

A Rede de Juderías de España – Caminos de Sefarad está constituída por 21 municipios de España, entre os que se atopa Tui, que posúen un rico patrimonio arquitectónico, artístico, ambiental e cultural nos seus conxuntos medievais que é herdanza das comunidades xudías que o habitaron. 

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...