InicioEconomíaTui prepara a súa Axenda Urbana para camiñar cara a un "desenvolvemento...

Tui prepara a súa Axenda Urbana para camiñar cara a un “desenvolvemento sostible”

A Unión Europea e o goberno de España converteron Tui no único concello da provincia, de menos de 20.000 habitantes, con financiamento para redactar este documento.

PUBLICADO O

O Concello de Tui inicia a redacción da súa Axenda Urbana, un documento estratéxico que “marcará o crecemento do concello ao longo dos vindeiros dez anos”. A Unión Europea e o Goberno de España, a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, “converteron Tui no único concello da provincia de menos de 20.000 habitantes con financiamento para redactar a súa Axenda Urbana”, sinalan dende o consistorio.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, asegura que este apoio “permite avaliar e deseñar as accións para que Tui camiñe cara un desenvolvemento sostible no que a procura dunha mellor calidade de vida para a veciñanza é o obxectivo prioritario”. Ordenar e protexer o territorio, revitalizar a cidade, favorecer a economía circular e realizar un aproveitamento axeitado dos recursos, promover a proximidade e a mobilidade sostible, fomentar a cohesión social e impulsar a economía da cidade, innovación dixital e boa gobernanza son as liñas de traballo nas que se enmarca o deseño do futuro de Tui.

A súa ubicación xeográfica, o seu patrimonio histórico e natural, o seu peso nas relacións internacionais con Valença e o traballo realizado a través da Eurocidade, a adhesión ao ÁGORA e o proceso de revitalización da cidade histórica a través do REXURBE foron claves, segundo sinala o Concello, para que Tui obtivera a confianza do goberno do Estado e de Europa.

O equipo redactor vén de iniciar un proceso de participación que contempla encontros
con todos os voceiros/as dos grupos da corporación e representantes de colectivos e asociacións, tanto no centro como no rural, para coñecer de primeira man as principais fortalezas e eivas de Tui. O primeiro paso desta Axenda Urbana pasa realizar unha análise profunda da situación actual para emitir un diagnóstico que dará paso á redacción do plan de acción.

“A Axenda Urbana non é un documento político, é a estratexia de futuro e por iso é imprescindible que se realice unha análise, que se faga unha consulta planificada con criterios técnicos e se redacte un documento consensuado”, conclúe o alcalde.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...