InicioSociedadeTui pon en marcha un programa formativo "flexible e con titorización personalizada"...

Tui pon en marcha un programa formativo “flexible e con titorización personalizada” para maiores de 18 anos

Ofrecerá máis de 200 cursos de diversas áreas en liña.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A oferta formativa da Aula Mentor, o programa de ensino en liña que ofrece unha formación non regrada e con titorización personalizada para cada alumno, vén de ser ampliada. Así o ratificou o convenio asinado polo Concello de Tui e o Ministerio de Educación y Formación Profesional. O programa Aula Mentor, instalada xa no Centro Municipal de Formación e Emprego en Guillarei, estará xa operativa nos pr´óximos días.

A Aula Mentor vai dirixida a persoas maiores de 18 anos interesadas en ampliar as súas competencias persoais e profesionais. A través da mesma, as persoas interesadas terán acceso a un “amplo conxunto de cursos, en permanente actualización”, deseñados especialmente para esta modalidade de ensino a distancia, e organizados en áreas formativas dende “Iniciación á informática”, “Programación”, “Redes e equipos informáticos” a “Saúde”, “Idiomas” ou “Xestión comercial e financeira de Pemes”. Ademais, hai unha serie de cursos con carácter profesional para hostalería e turismo; servizos socioculturais e axuda á comunidade; madeira, moble e cortiza; comercio e márketing, …

Segundo indican dende o Concello, os primeiros meses serán de toma de contacto para “comprobar o seu funcionamento, resolver incidencias que poidan producirse, e avaliar a implantación do servizo”. Ofertará así máis de 200 cursos dirixidos tanto á mellora das competencias básicas como para a promoción da aprendizaxe ao longo da vida profesional, permitindo, unha vez completado, obter o certificado de profesionalidade.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...