InicioSen categorizarTui participará na asemblea da Red de Juderías que se celebra en...

Tui participará na asemblea da Red de Juderías que se celebra en León

Reunirá a representantes de dezanove cidades que integran esta rede de municipios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tui, a través do seu alcalde Enrique Cabaleiro, participará mañá mércores na cidade de León na 58ª Asemblea Xeral da Red de Juderias de España –Caminos de Sefarad que reunirá a representantes de dezanove cidades das vinte unha que integran esta rede de municipios.

Neste Asemblea, que se desenvolverá no Hostal San Marcos de Léon, debateranse diversos temas, entre eles, a aprobación do orzamento e programa de actuacións para o vindeiro ano 2022, así como o deseño dun plan de estratexia de futuro da Red de Juderías para o período 2022-2025 como puntos máis destacados da orde do día. No decurso da asemblea procederase tamén á sinatura dun convenio de colaboración con Paradores de España para a realización de actividades e accións promocionais de xeito conxunto.

Segundo destaca o Concello, Tui foi integrada na Red de Juderias no ano 2019 en recoñecemento ao “importante acervo patrimonial” que conserva a cidade relacionado coa presenza da comunidade xudía na época medieval e os grupos de cripto-xudeus ou cristiáns novos especialmente nos século XVI e XVII.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...