InicioSucesosFerido un home tras envorcar co seu coche na A-55, á altura...

Ferido un home tras envorcar co seu coche na A-55, á altura de Tui

O home foi trasladado ao Álvaro Cunqueiro.

PUBLICADO O

Un home resultou ferido este luns tras envorcar co seu vehículo mentres circulaba pola A-55 ao seu paso polo municipio de Tui. O accidente rexistrouse á altura do punto quilométrico 26 e, segundo a información recollida no 112 Galicia, o afectado puido saír polos seus propios medios do turismo.

Varios particulares alertaron sobre as 15,30 horas do ocorrido e a central de Emerxencias pasou o aviso ao 061, dos Bombeiros do Baixo Miño, Protección Civil de Tui, Policía Local, Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da autovía.

Os servizos sanitarios atenderon ao ferido, que foi trasladado posteriormente ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Sae o vehículo número 16 millóns de Stellantis, un Fiat E-Dobló 100% eléctrico

Stellantis Vigo produciu este martes o seu vehículo número 16 millóns desde que a...

Expertos analizan no Porriño o “difícil” camiño das vacinas pendentes

A Asociación Nacional de Informadores da Saúde (ANIS), en colaboración con Zendal, organizaron no...