InicioA camelia 'Leonardo da Vinci' que viaxou de Santiago a Tui

A camelia ‘Leonardo da Vinci’ que viaxou de Santiago a Tui

Está xa nos Xardíns de Troncoso, doada por unha familia.

PUBLICADO O

Os Xardíns de Troncoso, no Paseo Familia Álvarez Blázquez, contan xa cunha nova camelia xapónica, Leonardo da Vinci, que foi cedida pola familia Ramos-Vieiro á Asociación Amigos Tudenses da Camelia, ATUCA.

Este exemplar, duns 35 anos, foi trasladado dende Santiago até Tui e o transplante aos Xardíns de Troncoso foi realizado o pasado xoves baixo a dirección de ATUCA e da Sociedade Española da Camelia, SEC, coa colaboración do Concello de Tui.

Esta actuación forma parte dos primeiros pasos que se están a dar dende Tui para incorporar ao municipio á Ruta da Camelia. Precisamente a plantación de camelias de variedades galegas e portuguesas recóllese no anteproxecto para a recuperación da Alameda de San Domingos realizado pola arquitecta María Fandiño.

Este proxecto será remitido á comisión do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico, PEPCHA, xa que tras a solicitude de informe previo a Camiño de Santiago, foi devolvo sen informar alegando que ao estar aprobado o PEPCHA debe ser levado xa a esta comisión.

ÚLTIMAS

Vigo rexistra as máximas choivas de España nunha semana na que os encoros galegos seguen ao 88%

A reserva dos encoros galegos mantense no 87,6%, cun total de 3.253 hectómetros cúbicos,...

O BNG pide grupos e artistas locais en Castrelos, tamén como teloneiros, no canto do “autobombo” do alcalde

O grupo municipal do BNG en Vigo volveu a pedir un ano máis que o Concello...

A CIG denuncia que Constellium Automotive está “a vulnerar o dereito á folga” ao contratar persoal externo

O sindicato CIG denunciou este martes que a dirección de Constellium Automotive, auxiliar de...

Condenada a 2 anos e 4 meses de cárcere por estafa unha muller que cobraba fianzas de falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...