InicioTui humanizará unha das súas principais avenidas que a une con Portugal

Tui humanizará unha das súas principais avenidas que a une con Portugal

O rexedor tudense aborda co delegado do goberno a necesidade de que se financien as obras do desentullo do barrio da Torre, en Paramos, e a posta en valor do casco histórico.

PUBLICADO O

Unha das principais arterias de Tui, a Avenida de Portugal, será humanizada. Así o anunciou o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, tras recibir este mércores na casa do concello ao delegado do goberno en Galicia, José Miñones, e á subdelegada do goberno na provincia, Maica Larriba.

A obra, por importe de 500 mil, xa foi aprobado polo goberno central, e agarda agora os informes de Patrimonio e do Concello de Tui, para saír a licitación. A actuación comprenderá o tramo dende a vella Ponte Internacional até o cruzamento coa N-550, sendo a entrada do Camiño Portugués a Galicia dende Portugal.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agradeceu ao delegado a visita realizada ao concello de Tui e lle trasladou as necesidades e demandas do municipio.

PARAMOS

Por unha banda o rexedor tudense transmitiu a José Miñones, a reclamación do Concello de Tui de máis dun millón de euros investidos no desentullo do barrio da Torre en Paramos tras a explosión rexistrada hai tres anos. Enrique Cabaleiro dicía que “estamos pendentes de que o Estado faga fronte a aquel compromiso de financiar a retirada dese entullo. Para nós é unha prioridade tamén dende o punto de vista financeiro, xa que estamos a falar de máis dun millón de euros que para o concello de Tui son irrenunciables”.

CASCO HISTÓRICO

Por outra parte Enrique Cabaleiro solicitou a colaboración do goberno central para poder acometer un dos proxectos destacados no conxunto histórico coma é a rehabilitación do Teatro Principal. Nese senso o rexedor explicaba que o Concello conta xa co anteproxecto, redactado polo arquitecto César Portela, para recuperar este histórico inmoble. Nese senso apuntaba que hoxe estudaron “que tipo de medidas podemos artellar para cofinanciar a recuperación deste inmoble que é un emblema do noso patrimonio histórico, que está nunha situación de degradación e de serio risco arquitectónico”.

O delegado comprometeuse a trasladar este demandas do concello de Tui. Así avanzou que a próxima semana manterá “unha reunión importante sobre o tema de Paramos” coa subsecretaría do Ministerio de Interior. Sobre financiamento solicitado para o Teatro Principal apuntou que “ imos ver se a través dalgúns dos Plans de Reactivación ou do propio Plan de Vivenda, que aquí xa financia con 50 mil euros actuacións no casco vello, ver se podemos enfocalo nalgunha destas partidas”.

Destacou amais o delegado do goberno o investimento de máis de medio millóns de euros a través do 1,5% Cultural no museo catedralicio, e os 330 mil euros ao abeiro do Plan Turístico Nacional Xacobeo 21-22 para converter o cárcere vello en centro de acollida de peregrinos.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...