InicioSucesosInterceptan en Tui dous coches cun cargamento de 100 quilos de haxix

Interceptan en Tui dous coches cun cargamento de 100 quilos de haxix

Foi detido un veciño de Huelva.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da UDYCO da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron un veciño de Huelva, de 32 anos de idade, como presunto autor dun delito de tráfico de drogas, no marco dun operativo no que foron interceptados dous vehículos (un deles conducido polo detido) cargados con 100 quilos de haxix.

Segundo informaron fontes policiais, a detención produciuse na noite do pasado luns, cando os axentes de UDYCO da Policía Xudicial localizaron dous coches circulando pola N-550 entre O Porriño e Tui, sobre os que pesaba a sospeita de que transportaban droga desde o sur de España realizando o traxecto por Portugal.

Os axentes lograron interceptar un dos coches e deter o seu condutor, mentres que o outro coche foi localizado nas inmediacións, aínda que os seus ocupantes déronse á fuga.

Os axentes comprobaron que os coches tiñan partes con signos de ser manipuladas e desprendían un forte cheiro a haxix, polo que os trasladaron a dependencias policiais para realizar unha inspección minuciosa.

Un dos vehículos, un Citroën C-4, tiña ocultos nos baixos máis de 55 quilos de haxix repartidos en pequenos envoltorios. A droga atopábase nun habitáculo, no que se aproveitaron os propios ocos do coche para ocultar a mercadoría.

O outro vehículo, un Seat Ibiza, ocultaba nas súas defensas laterais uns 45 quilos de haxix, ocultos tras a tapicería e o plástico do cadro de mandos. A droga atopábase prensada, en tabletas de 100 gramos e paquetes de medio quilo, lista para a súa distribución e venda.

A investigación, bautizada como ‘Operación Guernica’, segue aberta e non se descartan novas detencións nos próximos días; de feito, mantense activa a procura dos ocupantes do outro coche. A Policía vincula ao detido e a droga intervida cunha rede que operaba no sur de Galicia e que realizaba varias viaxes ao mes entre Galicia e o sur da península para abastecerse de estupefacientes.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...