InicioSucesosGoberno de España e Concello de Tui analizarán as axudas ao municipio

Goberno de España e Concello de Tui analizarán as axudas ao municipio

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, reunirase o xoves co delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, para abordar “distintas cuestións relacionadas coa solicitude de declaración da zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil” e abordar así as posibles axudas, tras a explosión dun almacén clandestino de material pirotécnico na parroquia de Paramos.

Así o informou o rexedor na reunión cos veciños que mantivo no Centro Cultural de Guillarei, na que tamén participaron o xerente urbanístico, Rubén Vázquez, e a traballadora social, Carmen González, para dar conta do traballo que está a realizar o Concello, e sobre os asuntos que está a tramitar con outras administracións.

Xuntanza de Carlos Vázquez Padín cos afectados pola explosión pirtotécnica en Paramos / EP

Segundo se indicou desde o Concello, na reunión tamén se expuxo o acordo adoptado no pleno do pasado xoves de habilitar 505.000 euros con cargo ao remanente de tesouraría para a catástrofe de Paramos, en concreto, para a retirada de amianto, o proxecto da xestión de residuos e a contratación de persoal para a atención dos afectados.

Por outra banda, comunicouse que desde o Concello estudarase cos técnicos o encaixe xurídico para que as memorias valoradas das vivendas da zona cero sexan asumidas pola propia administración local e que as axudas municipais poidan incluír tamén a reparación dos vehículos danados na explosión.

ÚLTIMAS

Caballero advirte a Xunta e Deputación sobre Balaídos: “Vano pagar co diñeiro ou nas urnas”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en solicitar o cofinanciamento da...

Julio Costas, novo valedor da Universidade de Vigo

O catedrático de Dereito Mercantil Julio Costas Comesaña foi elixido este martes novo valedor...

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...