InicioPolíticaEn Marea esixe á Xunta que as indemnizacións alcancen o valor total...

En Marea esixe á Xunta que as indemnizacións alcancen o valor total das vivendas destruídas en Tui

"As familias e as persoas afectadas non merecen menos que recuperar a vida que tiñan no momento da explosión", subliñaron dende o grupo político.

PUBLICADO O

As vicevoceira de En Marea Ana Seijas deu conta este venres ante os medios do apoio do grupo político á manifestación do sábado en Paramos, organizada pola plataforma de afectados pola explosión.

Segundo Ana Seijas, e no referente a explosión da pirotecnia en Paramos, a vicevoceira sinalou que, segundo defenden, o decreto da Xunta “é insuficiente e unha vez máis o goberno de Núñez Feijóo está a deixar na estacada ás veciñas e vecinos de Paramos”.

“Non vale coas boas palabras nin estar alí nun primeiro momento, se non que hai que dar unha resposta rápida e adecuada á situación. Esiximos as indemnizacións polo  montante total do valor das vivendas, non nos conformamos con menos. As familias e as persoas afectadas non merecen menos que recuperar a vida que tiñan no momento da explosión e iso é o que lle vamos a esixir á Xunta e ao Goberno de Núñez Feijóo”, concluíron.

Por iso, engadiron que “estaremos con eles o sábado acompañando ás persoas afectadas e á plataforma, e os vecinos e as veciñas contarán ademáis co apoio da xente das Mareas municipais da comarca e todas aquelas persoas do país que están a dar o seu apoio as veciñas e vecinos de Paramos”, incidiu a vicevoceira de En Marea.

ÚLTIMAS

Vigo rexistra as máximas choivas de España nunha semana na que os encoros galegos seguen ao 88%

A reserva dos encoros galegos mantense no 87,6%, cun total de 3.253 hectómetros cúbicos,...

Luz verde do Consello de Ministros á modificación que permite a conexión de moi alta tensión para Stellantis Vigo

O Consello de Ministros aprobou este martes a modificación puntual ao Plan de Desenvolvemento...

O BNG pide grupos e artistas locais en Castrelos, tamén como teloneiros, no canto do “autobombo” do alcalde

O grupo municipal do BNG en Vigo volveu a pedir un ano máis que o Concello...

A CIG denuncia que Constellium Automotive está “a vulnerar o dereito á folga” ao contratar persoal externo

O sindicato CIG denunciou este martes que a dirección de Constellium Automotive, auxiliar de...