InicioDeportesÚltimos días para anotarse á Eurocidade, carreira solidaria que recada fondos para...

Últimos días para anotarse á Eurocidade, carreira solidaria que recada fondos para os afectados pola explosión

PUBLICADO O

O próximo 10 de XuñoClub Atletismo Tui – Thermalia, conxuntamente co Concello de Tui e a Cámara de Valença, organizan a VII Eurocidade10, sétima edición dunha carreira popular de 10.000 metros, internacional entre Galicia e Portugal, que tras a traxedia acontecida en Paramos será unha proba solidaria nesta ocasión.

Este ano, como todas as edicións en anos pares, ten a saída e chegada en Tui e percorre as rúas de Valença do Minho e Tui pasando pola Ponte Internacional do Río Miño. Ademais, tras o “triste suceso acaecido no noso municipio o pasado mércores 23 de maio, todo o recadado na carreira vaise destinar aos afectados polo accidente“, confirman dende a organización.

A devandita inscrición pode efectuarse dende Champion Chip Norte (Galicia) ou Lap2Go (Portugal). Finaliza o prazo o día 7 de xuño ás 23:59 horas do horario galego e as 22:59 do portugués. Inscribirse custa 4 euros, máis un euro de aluguer do chip en caso de non ser propietario dun.

A entrega de dorsais realizarase o día da carreira de 9:00 a 10:30 (hora española) no paseo da Corredera (Tui), a saída ás 11:00 nese mesmo lugar, e ás 13:30 a entrega de premios.

 

 

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Sae o vehículo número 16 millóns de Stellantis, un Fiat E-Dobló 100% eléctrico

Stellantis Vigo produciu este martes o seu vehículo número 16 millóns desde que a...

Expertos analizan no Porriño o “difícil” camiño das vacinas pendentes

A Asociación Nacional de Informadores da Saúde (ANIS), en colaboración con Zendal, organizaron no...