A Asociación Marroquí de Pontevedra: “Todos os marroquís están preocupados polo futuro dos dous nenos”

Aínda se descoñece quen asumirá a custodia dos dous nenos orfos que deixou a catástrofe de Paramos.

Zona cero / Miguel Núñez

Xornal de Vigo falou con Mustapha El Abboubi, presidente da Asociación Marroquí de Pontevedra, quen recoñeceu que toda a comunidade marroquí está preocupada polo acontecido e o futuro dos dous nenos orfos que deixou a traxedia de Tui. Por este mesmo motivo xa visitou este luns a zona cero da explosión a cónsul de Marrocos en Bilbao, Fatiha El Kamouri.

A asociación cidadá posúe un pabillón en Tui ao que a xente está a acudir para preguntar como evoluciona a situación, pero de momento non hai respostas para eles, e a comunidade simplemente acode a visitar aos nenos no hospital, para amosarlles o seu cariño.

Pequena mostra dos destrozos / Miguel Núñez

Pero “da custodia aínda non se sabe nada, estamos á espera do que dicte a Xustiza, non sabemos quen acollerá finalmente aos nenos”, declarou Mustapha. Polo momento, os irmáns permanecen no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo a cargo da xerencia.

“Comentáronme que vai vir unha tía de Francia a visitalos, pero aínda non chegou. Si que xa estivo cos nenos un tío deles, irmán do falecido, que incluso chegou a vivir en Paramos”, engadiu Mustapha.

“Chamáronme multitude de compañeiros que foron a xunto dos nenos, ao hospital. Agora toca agardar como evoluciona o tema. Este vai ser un proceso lento, a Xunta é a responsable e temos que esperar”, concluíu.

Trala explosión / Miguel Núñez

Todos están preocupados, pero á vez tranquilos, agardando a tarea da administración. Esperan tamén a repatriación dos cadáveres para poder envialos a Marrocos, onde residen as familias das vítimas.

A asociación encargouse do funeral dos mesmos e están á espera de coñecer se a Xunta vai sufragar os gastos, ou se estes son remitidos ao consulado marroquí.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here