InicioCulturaTui presenta un novo folleto turístico para a Ruta Xudea, e visitas...

Tui presenta un novo folleto turístico para a Ruta Xudea, e visitas guiadas a través da app do Concello

A Porta da Pía, a Sinagoga, a Casa dos Capeláns, a Porta da Torre, a Casa de Salomón, o Cárcere capitular, as Cruces en Pedra, a Menorá da Catedral e os “Sambenitos” son só algúns dos lugares paradigmáticos.

PUBLICADO O

O novo folleto turístico da Ruta Xudía de Tui foi presentado este mediodía na casa do concello polo alcalde, Carlos Vázquez Padín, e o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría. Esta nova edición, realizada pola empresa Sherpa Project, continúa a liña iniciada hai un meses co rueiro, para a renovación da información turística para entregar aos visitantes.

O novo folleto, en formato trilingüe, en galego, castelán e inglés, recolle un mapa cos elementos máis singulares do legado xudeu en Tui: A Porta da Pía, a Sinagoga, a Casa dos Capeláns, a Porta da Torre, a Casa de Salomón, o Cárcere capitular, as Cruces en Pedra, a Menorá da Catedral e os “Sambenitos”. Conta ademáis información histórica sobre estes elementos.

Outro dos puntos que pon en valor no folleto é a aplicación móbil turismotui.mobi, que a través de códigos QR, incluídos na sinalización do conxunto monumental, permite a realización de rutas guiadas, así como ampliar a información sobre cada punto de interese. Do novo folleto fíxose unha primeira edición de 15 mil exemplares do folleto, que nestes momentos están xa a dispor dos interesados na casa do concello.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...