InicioCulturaO Teatro Municipal de Tui acolle "Invisibles", unha obra baseada en historias...

O Teatro Municipal de Tui acolle “Invisibles”, unha obra baseada en historias reais de galegas vítimas de maltrato

PUBLICADO O

Redrum Producciones de Santiago de Compostela presenta este venres, 15 de febreiro, ás 21.30h no Teatro Municipal de Tui, “Invisibles”. Marián Bañobre dirixe o elenco formado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez. O espectáculo está baseado no libro homónimo de Montse Fajardo, autora tamén de “Matriarcas” e “Un cesto de mazás”.

“Invisibles” presenta historias reais de mulleres galegas vítimas de malos tratos unidas polo fío común da violencia de xénero. “Unha reflexión sobre o perfil das mulleres que sofren esta lacra e sobre a invisibilidade dos agresores fronte á exposición delas na sociedade”, subliñan: “Con este espectáculo Redrum presenta dúas grandes reflexións: a inexistencia dun perfil típico entre as mulleres que sofren violencia de xénero e a invisibilidade dos agresores fronte á exposición das vítimas ante a sociedade. Busca que o público desenvolva unha conciencia crítica e cuestione a realidade que o envolve para poder así transformala”.

As entradas están á venda en www.culturatui.info ata este venres 15 de febreiro ás 12h, e este mesmo venres dende ás 20h no despacho de billetes, aos prezos de 6 e 5€.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...