Primeiro caso positivo de coronavirus en Tomiño

Praza do Seixo, en Tomiño / Concello de tomiño

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, informou de que a Consellería de Sanidade confirmou o primeiro caso confirmado de Covid-19 en Tomiño. Trátase dun caso importado e de idade avanzada. “A persoa afectada está ben e quedará ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro“, indicou a rexedora nas redes sociais.

Ademais, informa de que o SERGAS, Policía Local e resto de autoridades están poñendo en funcionamento o protocolo correspondente. “Pídovos a todas e todos tranquilidade, chegar ía chegar e temos que manter a calma”, suliña.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here