InicioSociedadeUNICEF acepta a Tomiño como Cidade Amiga da Infancia

UNICEF acepta a Tomiño como Cidade Amiga da Infancia

Os máis novos tamén queren participar da vida social.

PUBLICADO O

Este 27 de novembro de 2018, a entrega do recoñecemento Cidade Amigas da Infancia a case 200 municipios en Oviedo podería supoñer o principio dunha nova época no ámbito das políticas de infancia. E entre eles está Tomiño.

Unha época marcada pola aceleración na implantación deste programa, que crece de 170 a 274 gobernos locais en todo o territorio español. Un día que será recordado por ser o primeiro en que máis dun 41% dos nenos e nenas en España (máis de tres millóns) vivirán oficialmente en localidades onde os gobernos locais se comprometeron a poñer os dereitos a infancia no centro da súa actividade pública.

Os mozos de Tomiño e doutros municipios revindican a necesidade de que as súas propostas e opinión sexan atendidas e, na medida do posible, implementadas polos concellos.

“Para nós, a participación é imprescindible para poder mellorar este mundo. Por isto estamos aquí hoxe, porque participar implica crear, xerar, producir cambios, facer propostas, ofrecer ideas, e sentimos moito orgullo por todos os nenos e adolescentes que coas súas accións e reflexións aportan todo o que está nas súas mans para que os espazos públicos sexan lugares de goce, encontro e participación”, subliñaron Ana e Nerea, que axudaran a escribir o chamado Manifesto de Oviedo.

Os premiados inician agora un periodo de catro anos que lles compromete a levar a cabo as accións, dotadas de recursos, previstas nos seus plans locais de infancia, e a escoitar as opinións dos nenos e nenas que conforman os seus consellos locais de participación infantil e adolescente en todos os temas que lles afectan.

O Recoñecemento ‘Cidade Amiga da Infancia’ é unha distinción que outorga UNICEF Comité Español, xunto cos seus aliados (Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, a Federación Española de Municipios e Provincias e o IUNDIA), para poñer en valor o compromiso e o esforzo que realizan os concellos, mancomunidades e outros Gobernos Locais, xunto cos seus aliados, a fin de incorporar á infancia e adolescencia no centro da súa axenda política.

Desta forma, unha cidade ou comunidade recoñecida é aquela onde as voces, as necesidades, as prioridades e os dereitos dos nenos e nenas constitúen una parte integral das políticas, os programas e as decisións públicas.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

O PP cualifica de “intento de nacionalización” a auditoría que pide o BNG do novo concerto con POVISA

O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, criticou o que considera un intento de...

Rescatan un bebe que quedou pechado nun vehículo

Os Bombeiros de Vigo tiveron que rescatar na mañá deste martes a un bebé...