InicioMedio Ambiente e PatrimonioO Catálogo de árbores senlleiras do concello de Tomiño protagoniza un artigo...

O Catálogo de árbores senlleiras do concello de Tomiño protagoniza un artigo científico

PUBLICADO O

A elaboración do Catálogo de árbores senlleiras do concello de Tomiño, vén de ser obxecto dun artigo recentemente publicado na revista científica da Sociedad Española de Ciencias Forestales, no marco dun número que recolle as ponencias presentadas en novembro de 2016, nun simposio sobre árbores “singulares” celebrado en Lourizán(Pontevedra).

O artigo resume a metodoloxía de elaboración e os principais resultados do Catálogo de árbores senlleiras de Tomiño, e pon de relevancia o seu carácter pioneiro no ámbito municipal galego, aínda que resulte máis frecuente a existencia de documentos deste alcance noutros municipios no ámbito de España.

Tamén se destacan algunhas características propias, como a importancia que se outorga ás especies autóctonas e a exclusión de árbores exóticas invasoras, así como daquelas outras que se encontran fóra de parques e xardíns, agás o caso que revestisen importancia a nivel galego.

Isto último só aconteceu cunha formación de carballo turco (Quercus cerris) naturalizada nunha valgada da ladeira da serra do Argallo.

En Tomiño catalogáronse 125 árbores e formacións de árbores senlleiras, o 75% delas corresponden a especies autóctonas, principalmente carballos, sobreiras e freixos, até un total de 20 especies. Outras tantas especies son exóticas, pero apenas supoñen un 25% do número de exemplares ou formacións contempladas.

Crataegus monogyna/ Richard Candendo

O Concello de Tomiño está preparando a publicación do ‘Catálogo de árbores senlleiras de Tomiño’, baixo edición da Deputación de Pontevedra. O próximo día 10 de novembro tamén foi presentada unha ponencia ao respecto deste catálogo no Simposio Internacional sobre a bacía Hidrográfica do Río Minho que tivo lugar esta fin de semana en Vilanova de Cerveira.

Por outro lado, estase a preparar a solicitude de inclusión de varios destes exemplares no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, debido as súas características e dimensións excepcionais; en concreto, o conxunto de sobreiras da capela de San Roque (Goián), o estripeiro do Espazo Fortaleza, un piñeiro do país en Goián, un freixo na ribeira do Miño en Forcadela, así como pés monumentais de magnolio, camelio, ciprés lusitano, catalpa e rododendro arbóreo, que crecen en distintos parques e xardíns do territorio municipal.

ÚLTIMAS

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...