InicioEconomíaAs alcaldesas do Rosal e Tomiño trasladan o seu apoio aos traballadores...

As alcaldesas do Rosal e Tomiño trasladan o seu apoio aos traballadores de IKF, en folga dende hai dúas semanas

Os traballadores non chegan a acordo coa empresa sobre a dobre escala salarial que se quere prolongar e a liberalización de horarios.

PUBLICADO O

As alcaldesas do Rosal, Ánxela Fernández, e de Tomiño, Sandra González, reuníronse este luns con traballadores de Imerys Kiln Forniture (IKF), unha empresa histórica da comarca de Baixo Miño dedicada á fabricación de materiais refractarios.

O persoal da compañía leva en folga indefinida desde o 14 de xullo ao non chegar a un acordo coa empresa sobre a dobre escala salarial que se quere prolongar e á liberalización de horarios.

As rexedoras acudiron ata a sede da empresa, na Guarda, para mostrar o seu apoio aos ao redor dos 60 empregados de IKF, unha das compañías máis importantes na zona.

Ánxela Fernández e Sandra González aseguraron aos empregados que os concellos do Rosal e Tomiño farán todo o posible para que se atope unha posible solución.

Pola súa banda, Xulio Vicente, da CIG-Construción de Vigo, lamenta que a empresa non quere tocar por agora a eliminación da dobre escala salarial. “O pasado venres houbo un pequeno achegamento, pero non sabemos en que vai terminar. Quedamos emprazados para volver reunirnos, pero aínda sen data concreta”, indica.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...