Palangreiros Guardeses querélanse contra Greenpeace pola “subtracción” dos aparellos de pesca

A entidade ecoloxista sinala que para eles, "aínda que a pesca sexa legal, non é sustentable e non fai que a especie sobreviva".

Activistas de Greenpeace e o palangreiro 'Ameal'. / Greenpeace Kajsa Sjölander

Orpagu, Organización de Plangreiros Guardeses, anunciou que se dirixirá á Comisión Europea para pedir o seu amparo e prepara unha querela criminal contra Greenpeace pola subtracción que, denuncian, fan dos seus aparellos.

A organización de palangreiros sinala que “non é a primeira vez que os seus buques son atacados por Greenpeace”, pero esta vez aseguran que a ONG “subtraeu” parte do aparello co que faenaban.

Por outra banda, a directora de campañas de Greepeace España, María José Caballero, sinala a Europa Press que para eles “aínda que a pesca sexa legal non é sustentable e non fai que a especie sobreviva”. E aseguran que continuarán coa súa campaña, xa que “non lles parece” unha pesca ecolóxica.

MONITORIZACIÓN

Desde Orpagu e “fronte ás falsas acusacións de Greenpeace” lembran que os seus barcos contan con observadores abordo que solicitan os datos da actividade da frota. Esta seguridade vén esixida por parte da Unión Europea e tamén polos propios palangreiros.

Ademais, sinalan que os buques contan cunha “caixa azul” que mostra onde se atopan faenando durante toda a súa xornada no mar.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here