InicioMedio Ambiente e PatrimonioO camiño portugués da Costa, en pleno auxe

O camiño portugués da Costa, en pleno auxe

PUBLICADO O

O Camiño Portugués da Costa non deixa de crecer en número de peregrinos e, como vén
sendo habitual xa nas rúas da vila, “a estampa dos peregrinos percorrendo o pobo e os seus lugares emblemáticos constitúe xa unha imaxe máis do día a día da Guarda e a súa contorna”, aseguran dende o Concello.

Segundo os datos que manexan, “moitos destes peregrinos realizan o seu traxecto en grupos, outros sós, a pé, en bicicleta ou mesmo en burro. Adoitan continuar o seu camiño cara O Rosal e Oia tras cruzar o río Miño, namentres outros escollen o albergue guardés ou algúns dos establecementos hoteleiros da vila para pasar a noite”.

Pelegrinos percorren o Camiño Portugués pola Costa / camino.gal

Os datos rexistrados na Guarda dan conta deste incremento no primeiro semestre de 2018.
Durante o pasado ano 2017, un total de 2.439 peregrinos pasaron a noite no albergue
guardés, o que supón unha suba do 40% con respecto a 2016, e o triplo se o comparamos co ano 2015.

No que vai de 2018, dende xaneiro ata xullo, xa pasaron polo albergue da Guarda máis de
1500 peregrinos, o que supón un incremento dun 30% con respecto á media anual do ano
2017.

En canto ao punto de inicio do Camiño, 753 peregrinos saíron de Porto, 110 de Lisboa e 43
elixiron A Guarda para iniciar o seu Camiño con destino a Santiago de Compostela, outros
tomaron coma puntos de saída diferentes vilas e cidades da xeografía ibérica.

Camiño portugués/ Concello da Guarda

En canto a súa procedencia, a meirande parte dos visitantes chegan dende o estranxeiro. Destacan este ano os peregrinos procedentes de Italia, 139, seguidos polos de nacionalidade portuguesa 125, alemá con 121 ou polaca con 106.

Tamén destacan as nacionalidades de peregrinos visitantes procedentes de países tan
afastados como República Checa, Rusia, Taiwan, Venezuela ou Australia. O Camiño Portugués da Costa, recentemente recoñecido coma camiño oficial pola Secretaría de Turismo da Xunta de Galicia, está en auxe, debido, entre outros factores, á singularidade do seu trazado, as fermosas paisaxes oceánicas e a que moitos peregrinos
que xa fixeron o resto de Camiños, elixen este para as súas novas peregrinaxes cara a
Compostela.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...